Á hora de seleccionar e avaliar os recursos que se poden incluír no sitio, o equipo de Lingu@net World Wide asegúrase de que cumpren os criterios de calidade definidos polo proxecto.
Tamén comprobamos con regularidade que as ligazóns non cambiaron ou desapareceron; aínda que, nin os membros de Lingu@net World Wide nin a Comisión Europea son responsables dos contidos de moitos dos sitios web que catalogamos.
Se vostede atopa contidos que considera inapropiados ou ten problemas para conectarse a un sitio listado en Lingu@net World Wide, agradeceriámoslle que nolo fixera saber e faremos todo o posible para rectificar o problema ou eliminar o recurso canto antes.
Lingu@net World Wide é gratuíto. Convidámolo a facer uso deste sitio e a que nos recomende recursos que poidamos incluír, e agradecemos os seus comentarios.
