Coñecer unha lingua significa moitas cousas distintas que se poden cualificar de formas diferentes. Se vostede xa sabe un pouco da lingua que quere aprender, quererá comprobar que nivel ten. E aquí é onde un exame de lingua lle poderá dicir o que vostede sabe e o que non sabe. Pode poñer a proba o seu coñecemento sobre a lingua en si mesma (estrutura, vocabulario, historia) ou pode avaliar a súa competencia comunicativa en situacións máis ou menos reais. A maioría dos exames de lingua divídense en catro destrezas: expresión oral, comprensión oral, comprensión de lectura e expresión escrita. Tamén pode avaliar os seus coñecementos de gramática e vocabulario mediante distintas probas. Outros exames axudaranlle a avaliar a súa fluidez, corrección gramatical, e complexidade de expresións, estilo, pronunciación e moitos outros aspectos.
Os niveis divídense normalmente en principiante, intermedio, ou avanzado. O significado destas palabras varía dependendo do contexto.
