O Lingu@net World Wide é un centro de recursos multilingüe en liña para a aprendizaxe de idiomas.
Ofrece información e ligazóns de bos recursos en liña de todo o mundo relacionados co ensino e a aprendizaxe de linguas.
Lingu@net World Wide está baseada na idea de que se vostede está aprendendo ou ensinando unha lingua, é posible que estea interesado en recursos relevantes en calquera idioma que entenda – e non só os recursos que poida atopar cando busca na súa lingua materna.
Lingu@net World Wide dá acceso multilingüe a máis de 3.500 recursos en liña catalogados, dos que a súa maioría están especificamente pensados para estudantes. Tamén ofrece apoio para estudantes adultos sobre como aprender unha lingua, como avaliar o seu nivel e como comunicarse con outros estudantes en liña. Estas seccións foron desenvolvidas por especialistas na aprendizaxe de linguas de toda Europa.
Agora pode acceder todo o sitio en: alemán, árabe, vasco, búlgaro, catalán, chinés, checo, danés, holandés, inglés, eslovaco, esloveno, español, estoniano, finlandés, francés, galego, grego, hindi, húngaro, irlandés, islandés, italiano, letón, lituano, maltés, polaco, portugués, romanés, ruso, sueco e xaponés.
Lingu@net World Wide está a ser desenvolvido por 34 organizacións de 25 países europeos.
Anteriormente, o lugar era chamado Lingu@net Europa e a audiencia obxectivo principal era profesionais de ensino de lingua. O proxecto está a recibir apoio financeiro da Comisión Europea, Lifelong Learning Programme (KA2 Languages action, 2009 - 2011) para axudalo:
- expandirse a máis linguas (incluíndo linguas mundiais),
- incrementar o número de recursos, e
- apoiar os estudantes adultos de lingua.
Lingu@net World Wide é gratuíto. Convidámolo a facer uso deste sitio e a que nos recomende recursos que poidamos incluír, e agradecemos os seus comentarios.

